o Diego reviewed Cinder by Marissa Meyer
None
4 stars
Levaba un ano de barbeito despois do ACOTARgate e que ben fixen porque este libro si que me gustou! En realidade a miña recensión é a mesma que a de @KitKatiana9 hahahahah. Interesoume moito a maneira de conceptualizarse cyborg, do autodescubrimento doutras arestas da súa identidade e a relación que teñen coa alteridade no mundo que crea Marissa Meyer (que, sendo sinceres, adoece bastante da vaga de literatura xuvenil dos 2010, cunha Terra fraccionada en cinco faccións con brocha gorda non, o seguinte). Para min, se me preguntan, Cinder é trans e seropositiva, i puntx. Outra cousa é que a maioría de personaxes teñan a profundidade dun charco, como a madrasta-titora legal, que é mala malísima malisísima, pero son concesións que lle vou facer ao libriño porque se le como un grolo de auga volvendo de festa.
